Sunday 19 de May de 2024

A conselleira de Medio Rural reuniuse coa veciñanza de Parada para informar sobre a concentración parcelaria


Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Rural, reuniuse en Parada con numerosos veciños e veciñas do lugar para informarles de primera man sobre o proceso de concentración parcelaria. Á cita acudiron tamén José Luis Martínez Sanjurjo, Susana García e Luis Caamaño, rexedor e edís do Concello de Ordes. Otros dos presentes foron o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o xefe territorial de Medio Rural, Manuel Rodríguez Vázquez.

A conselleira desprazouse ata a localidade de Ordes para comunicarlle aos veciños beneficiados pola concentración parcelaria da zona de Parada II que dende hoxe poden comezar a usar os novos predios, resultantes deste proceso de reorganización do territorio. Vázquez explicou que con este anuncio dáse un paso máis no proceso, o que permite facer uso dos predios de substitución sen a necesidade de contar xa cos títulos acreditativos, que se entregarán posteriormente. Porén, os adxudicatarios teñen un prazo de 60 días para reclamar, ante a Xefatura Territorial de Medio Rural na Coruña, no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

Este proceso de reestruturación parcelaria supón a reorganización da propiedade de 3.371 a 1.103 fincas, pertencentes a 600 veciños. Dende o inicio da mesma, lévanse investido máis de 2,1 millóns de euros que, na súa meirande parte, se destinaron á execución da rede de camiños principais.